Escoitar

O alcalde reitera que Vigo é o concello en réxime común con menor débeda de España

O tamén vicepresidente primeiro da Federación Española de Municipios e Provincias, Abel Caballero, recordou que a débeda do Concello de Vigo caeu dos 228 euros por habitante de 2006 aos 154 euros do pasado ano, unha descenso que sitúa a Vigo como a urbe con menor débeda de España, salvo Bilbao, que ten un réxime económico foral.

mércores, 30 mai 2012
1338392526deuda.jpg
O alcalde e vicepresidente da FEMP asegurou que a entidade amosouse preocupada na reunión da Xunta de Goberno de onte en Madrid pola situación económica duns 2.000 concellos, que poderían ser intervenidos. Abel Caballero apuntou que esa situación nada ten que ver con Vigo, que presenta a menor débeda entre os grandes concellos españois en réxime común, que exceptúa a Bilbao ao ser foral.

En comparación co exercizo de 2006, a débeda do Concello de Vigo caeu do 33% sobre o orzamento municipal ao 25,8% de 2011, que traducido á débeda por habitante pasou de 228 euros a 154 euros. A modo de comparación, e pese a non ser estes municipios "especialmente endebedados", Abel Caballero indicou que a cidade olívica ten a metade de débeda que A Coruña e unha cuarta parte que Santiago de Compostela.

IBI
Na sesión executiva da FEMP adoptouse a decisión de que sexa cada concello o que decida se cobrar ou non o Imposto de Bens Inmobles á igrexa católica. Caballero asegurou que "o mellor é a transparencia total de todos os impostos e para todos os colectivos" e que "habería que acabar con todas as exencións do IBI, incluídas as administracións".

No tocante a Vigo, o socialista explicou que a situación de Vigo é "singular" pois a igrexa ten unha exención de 13.106 euros en concepto de IBI pero lle ao Concello a edificio do CITIC, no Casco Vello, a custo cero, cando un aluguer rondaría os 30.000 euros anuais polo que "o saldo é positivo en favor do concello". A situación é "moi satisfactoria" para as arcas municipais neste tema e Caballero propón "seguir como estamos".
Descargar todas as imaxes