O alcalde e a directora do Museo do Mar de Galicia acordan establecer liñas de colaboración conxunta
Abel Caballero e Marta Lucio reuníronse este mércores e falaron da establecer liñas de cooperación para o estudo de rutas turísticas e un proxecto museístico nos que se inclúa o museo situado en Alcabre. Por outra banda, Concello e Museo estudaron posibilidades de mellora da sinalización para captar visitantes.
![1338392429museo.jpg 1338392429museo.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1338392429museo.jpg)