xoves, 18 mai 2017
O alcalde e presidente da FEMP manifestou que "queremos seguridade xurídica" na súa aplicación, despois de que o Tribunal Constitucional ditaminase que o imposto é inconstitucional nos casos nos que non exista incremento de valor no momento de transmisión. A FEMP elevará ao Ministerio unha proposta para adaptar a lei á sentenza do TC, segundo adiantou Abel Caballero.
xoves, 18 mai 2017
O concerto da Coral Casablanca será o punto de partida das mobilizacións que goberno local vai organizar para reclamar a conexión Vigo Madrid por alta velocidade. Tal e como explicou o rexedor, o AVE é un dereito irrenunciable para esta cidade.
martes, 16 mai 2017
Abel Caballero mantivo esta mañá un encontro protocolario con Dragan Milié, alcalde da localidade serbia de Veliko Gradîste. O rexedor de Vigo deulle á benvida á cidade ao seu homólogo nunha reunión na que ambos mandatarios intercambiaron impresións sobre os seus respectivos territorios.
luns, 15 mai 2017
O rexedor entregou hoxe luns a bandeira de Vigo ao comisario xefe, Manuel Teijeiro, para que ondee xunto a da Policía Nacional, a de Galicia e a de España. Trátase, dixo, dun símbolo da coordinación entre todas as forzas e corpos de Seguridade do Estado.
luns, 15 mai 2017
A Universidade de Vigo volverá ter presencia na cidade no mesmo edificio que xa ocupou, o situado na rúa Areal 46. Así o reiterou esta mañá o rexedor quen dou conta do inicio da tramitación administrativa que permitirá esta cesión.
venres, 12 mai 2017
O alcalde participou na inauguración das esculturas dos pastores de Fátima na contorna da Igrexa realizadas en convenio coa Deputación de Pontevedra e felicitou aos mestres canteiros polo labor realizado.
mércores, 10 mai 2017
Abel Caballero achegouse esta mañá á Axencia Europea de Pesca para participar no acto conmemorativo do Día de Europa, organizado polo director executivo da Axencia comunitaria de control de pesca, Pascual Savouret. <br />
mércores, 10 mai 2017
O alcalde cualificou de "logro histórico sen precedentes" o acordo acadado por catro grupos políticos para emendar os Orzamentos Xerais do Estado de xeito que as corporacións locais poidan investir o superávit. Dos aproximadamente 7.000 millóns que aforraron os concellos no 2016, a Vigo correspóndelle 18.
martes, 9 mai 2017
O alcalde de Vigo e presidente da FEMP participou este martes no Foro "Retos e Estratexias do Municipalismo", organizado por El País, a Cadena SER e a propia Federación. "Queremos estar na reforma da Constitución e ter un capítulo que garanta o noso status", asegurou Abel Caballero.
venres, 5 mai 2017
Abel Caballero mantivo un encontro este venres co embaixador británico, Simon John Manley, con quen abordou cuestións institucionais e de actualidade dos dous países. Ademais, segundo comentou o rexedor, tiveron a oportunidade de comentar o partido disputado este xoves en Vigo entre o Celta e o Manchester United e amosouse optimista ante o vindeiro partido.