mércores, 12 abr 2017
O alcalde criticou esta mañá ao ministro de Fomento e ao presidente da Xunta falar das obras do AVE a Galicia sen referirse á conexión con Vigo. Avanzou que lle enviará a Íñigo de la Serna a "segunda e última" carta con esta reclamación e que, a partir de aí, a cidade iniciará "as súas accións para facer oír a súa voz".
venres, 7 abr 2017
Abel Caballero comprometeuse a defender desde a FEMP as demandas destes municipios e destacou a necesidade de impulsar a actividade termal pra asentar poboación en nos pequenos municipais. Máis de medio centenar de alcaldes analizan hoxe e mañá o presente e o futuro do termalismo en Caldas de Reis.
venres, 7 abr 2017
O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) indicou este venres que solicitarán aos grupos parlamentarios no Congreso que se cambie o orzamento do Estado neste asunto. Caballero explicou que as cidades queren poder investir os 7.100 millóns aforrados no 2016, solicitude que o Goberno de España nega "de forma incomprensible".
luns, 3 abr 2017
Abel Caballero confía en que todas as forzas políticas da FEMP apoien unha declaración conxunta para demandar ao Executivo a posibilidade de reinvestir os 7.000 millóns de euros que aforraron as entidades locais en 2016. Con tal obxectivo, convocou o xoves 6 de abril unha Xunta de Goberno da Federación.
venres, 31 mar 2017
O presidente da FEMP reiterou esta mañá a petición de que as corporacións locais poidan investir o seu superávit en 2017, situado en 7.000 millóns aproximadamente. Resaltou que é a eficiencia dos concellos e das deputacións é a que permitiu que España cumprira os requisitos de déficit impostos dese Europa.
xoves, 30 mar 2017
O rexedor e presidente da FEMP participou en Oviedo nunhas xornadas sobre a administración de xustiza nas que defendeu a permanencia de Vigo "sempre como partido xudicial" e a presenza destas unidades territoriais de xustiza e das audiencias provinciais.
mércores, 29 mar 2017
O alcalde de Vigo agradeceu a Ryanair a súa implicación con este territorio no día no que arrancou a nova conexión con Edimburgo, que se suma ás xa existentes con Milán, Bolonia, Dublín e Barcelona. A elevada porcentaxe de ocupación demostra, na súa opinión que "cando de Vigo saen avións, a xente voa desde Vigo".
xoves, 23 mar 2017
A Corporación Municipal gardou este mediodía un minuto de silencio en sinal de condena do ataque terrorista perpetrado onte fronte ao Parlamento Británico, que o alcalde cualificou de "barbarie" e "acto detestable e condenable". Caballero amosou o pesar e a dor da cidade ante o sucedido e transmitiulle todo o cariño ás vítimas e ás súas familias, cunha mención especial á galega Aysha Frade, que perdeu a vida no atentado. Como mostra de solidariedade, as bandeiras do Concello ondearán a media hasta durante tres días.
xoves, 23 mar 2017
A Corporación aprobou a proposta por unanimidade e deu luz verde ao nomeamento como Vigueses Distinguidos do CRACC de Coruxo, Mayeusis, José Silveira, Ramón Patiño, Mercedes Oliveira, os Colexios Acacias e Montecastelo e a Asociación de Comerciantes e Hostaleiros Vigo Vello.
mércores, 22 mar 2017
A Casa da Cultura Galega acolleu este mércores a presentación da XXVII Mostra do Encaixe de Camariñas que se celebra do 12 ao 16 de abril na vila da Costa da Morte. No acto, no que estiveron presentes a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o alcalde de Camariñas, Manuel V. Alonso xunto á concelleira delegada do encaixe, Sandra Ínsua, Abel Caballero salientou o bo facer das palilleiras e animou a todo Vigo a visitar durante a Semana Santa a Mostra pola súa beleza e porque Camariñas é un "lugar amigo", unido a Vigo polo mar e a artesanía.