mércores, 20 dec 2017
O goberno vigués impulsa un ano máis esta proposta solidaria, que recolle e repara as bicicletas doadas nos establecementos colaboradores para logo ser entregadas polo Concello ás familias con menos recursos. Abel Caballero anima aos vigueses e viguesas a ceder as bicis que non usen.
xoves, 14 dec 2017
O rexedor denunciou esta mañá que os vigueses están a pagar o gasóleo case un 4% máis caro que o resto de España, unha situación que se ven mantendo no tempo. A este respecto, demandou á Xunta e ao Goberno de España que actúen para evitar que Vigo sega a soportar esta situación de agravio económico.
luns, 11 dec 2017
O alcalde deu este luns a cifra de actuacións de ambos servizos municipais, rexistrada durante o día do onte e esta madrugada. A borrasca de vento e chuvia "Ana", con afección tamén sobre o alumeado de Nadal, supuxo principalmente a caída ou risco de caída de arborado e outros elementos sobre as calzadas.<br />
martes, 5 dec 2017
O Concello de Vigo celebrou este martes o Día da Constitución cun acto institucional no que Abel Caballero defendeu unha Carta Magna que ampara "o periodo máis próspero e democrático da historia de España" e avogou por "camiñar xuntos" na súa actualización "sen tocar as liñas vermellas". O bando foi redactado e lido polo fiscal xefe de Pontevedra, Juan Carlos Aladro.
venres, 1 dec 2017
Así o anunciou este venres o alcalde de Vigo, quen engadiu que o acto terá lugar o próximo martes, 5 de decembro, ás 12 horas na Casa Galega da Cultura. Caballero definiu a Juan Carlos Aladro Fernández como "vigués de pro".
xoves, 30 nov 2017
O alcalde reiterou esta mañá o seu compromiso de financiar a obra do transvase de auga desde o Verdugo ata a presa de Eiras, unha vez comunicada á Xunta a súa decisión de que sexa a administración autonómica a que execute os traballos. Na rolda de prensa, tamén avanzou que o Concello xa traballa noutras opcións de emerxencia como o transporte de auga en barcos.
martes, 28 nov 2017
No acto do 40 aniversario da Asociación de Industriais Metalúrxicas de Galicia, celebrado en Vigo, Abel Caballero recoñeceu a capacidade das empresas de ASIME para crear emprego e xerar a base central da economía e o valor engadido da industria galega, sendo quen de competir en sectores como a automoción, o aéreo, naval ou as novas tecnoloxías. Amais, manifestou amosou o seu orgullo como alcalde dunha cidade con "tantas e tantas empresas que merecedes aprecio polo voso labor heroico e a vosa capacidade de traballo". André Quintá Cortiña, Astilleros Cardama, Tromosa e Francisco León foron os homenaxeados nesta celebración.
xoves, 23 nov 2017
Abel Caballero volveu este xoves demandar á Xunta de Galicia a rebaixa do caudal ecolóxico dos encoros -con volume para 73 días- e o inicio do trasvase do Verdugo ao Oitavén para asegurar o abastecemento en Vigo e área metropolitana. O alcalde denunciou que a Xunta si adoptou medidas na Coruña que nega na cidade olívica.
mércores, 22 nov 2017
O alcalde inaugurou este mércores unha nova edición de Mostrarte, a iniciativa cultural que leva obras artísticas ás dependencias da Alcaldía, desta volta á cargo da creadora e profesora de técnicas pictóricas na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, Rosa Elvira Caamaño. Os debuxos expostos, inéditos, amosan o seu dominio da técnica.
mércores, 22 nov 2017
Abel Caballero defendeu esta mañá o importante papel que xogan as administracións locais no contexto político actual e avogou porque a reforma da Constitución recolla un aumento das competencias municipais. Así o manifestou no almorzo informativo Forum Europa no que participou este mércores no Hotel Pazo Los Escudos e no que foi presentado pola concelleira de Políticas de Benestar, Isaura Abelairas.