O Concello manterá o nivel de investimento público para seguir a xerar emprego
Profesionais da construción trasladáronlle esta mañá ao alcalde que se amosan esperanzados coa marcha do sector dentro desta crise sanitaria. Durante un encontro telemático, Caballero garantiu o mantemento dos niveis de investimento público na cidade para seguir xerando emprego.
O alcalde mantivo esta mañá un encontro telemático coas máis importantes empresas da construción, así como con enxeñarías, arquitectos e asociacións e despachos profesionais. Todos eles amosáronse optimistas e esperanzados co futuro do sector e agradeceron ao rexedor que lles garantira o mantemento da inversión pública na cidade porque "exerce unha labor multiplicadora de emprego". Lembrou que nestes momentos hai obras en marcha por importe de 50 millóns e avanzou que xa hai proxectos aprobados cun investimento de 100 millóns. Na habitual rolda de prensa telemática, Caballero explicou que se a boa marcha da construción se suma a industria, "xa sabemos por onde ten que comezar a reconstrución social e económica".