O Concello aspira á máxima protección para as Cíes converténdoas en Patrimonio da Humanidade

xoves, 19 out 2017

O Auditorio Mar de Vigo foi o lugar elixido para presentar os comités técnicos, científicos e económicos-sociais que van dirixir a dirección na que debe moverse a candidatura das Illas Cíes para ser recoñecida Patrimonio da Humanidade. Acompañado polo reitor da Universidade, asegurou que estes equipos de traballo están baseados na excelencia na investigación e na calidade dos trinta profesionais integrantes.

Caballero louva a mellora da accesibilidade dos medios de comunicación para persoas con necesidades especiais

xoves, 5 out 2017

O alcalde inaugurou hoxe xoves unha conferencia concebida para incrementar a concienciación cidadá e promover o debate sobre o futuro dos sistemas de accesibilidade aos medos de comunicación para persoas con necesidades especiais. O Centro Cultural Afundación foi o escenario no que se desenvolveu a Media Accessibility Platform, con expertos de distintas universidades internacionais, entre as que se atopa a de Vigo.