mércores, 9 ago 2017
O alcalde de Vigo mantivo un encontro este mércores con Jaume Collboni con que abordou a reforma precisa do financiamento municipal para que os Concellos teñan máis autonomía na toma de decisións de inversións.
martes, 8 ago 2017
Tras recibir este martes ao seu autor, Fernando Torres Carbajo, o alcalde recomendou un libro que ofrece "unha visión moderna do Vigo de 2017", a través dunha narración "histórica e ben feira" e acompañada de imaxe gráfica.<br />
venres, 4 ago 2017
O alcalde, o presidente de Abanca e o director de Vitrasa asinaron este venres un convenio de colaboración para a implantación dunha nova tarxeta que funciona sen contacto e que substituirá ás actuais para o transporte urbano.
xoves, 3 ago 2017
Abel Caballero e Óscar Puente celebraron este xoves unha reunión tras a que amosaron a súa "discrepancia total" co enfoque estatal sobre o financiamento municipal, en particular co teito de gasto, prexudicial pois "limita a nosa capacidade de facer política social e de emprego", explicou o rexedor vigués.
mércores, 2 ago 2017
Caballero propuxo este mércores ao presidente da Xunta un acordo segundo o cal o estacionamento que constrúe o Concello será de acceso libre para todos os cidadáns da área metropolitana sempre e cando Núñez Feijóo converta en gratuítas as prazas do estacionamento soterrado do novo hospital, hoxe de pago.
martes, 1 ago 2017
O Congreso GeSida, de ámbito nacional, terá lugar no Mar de Vigo entre o 28 de novembro e o 1 de decembro, coa participación de setecentos profesionais. O alcalde avogou por aproveitar a cita para sensibilizar á cidadanía na prevención e atención, e singularmente para lotar contra a "demonización" da enfermidade.
martes, 1 ago 2017
Caballero trasladou este martes a súa "satisfacción" polo peche da compra de Opel por parte de PSA Peugeot Citroën, unha operación que reforza ao grupo automobilísitico e tamén á factoría de Vigo, pois o papel de Balaídos "será se cabe máis importante" agora. Para o rexedor, a compra supón un reforzo da automoción na cidade.
martes, 1 ago 2017
O alcalde de Vigo e presidente da FEMP esixiu este martes "no nome da democracia deste país e de todos os alcaldes demócratas" a liberación "inmediata" dos opositores venezolanos Leopoldo López e Antonio Ledezma, detidos esta madrugada.
martes, 1 ago 2017
Caballero mantivo un encontro este martes cun grupo de matronas viguesas que lle trasladaron a "inmensa alarma" ante a ausencia de profesionais e a deficiente atención sanitaria que se está prestando ás mulleres.
xoves, 27 xul 2017
Abel Caballero recibiu este xoves na Alcaldía a un grupo de estudantes da Universidade de Estudos Internacionais de Beijing, que están en Vigo como parte dun programa de inmersión lingüística e cultural. O rexedor, quen lles desexou unha "boa estadía" en Vigo, puxo en valor a relación existente con China.