xoves, 11 xan 2018
"Menos mal que os profesionais están a suplir con celo, coa súa capacidade e coa súa responsabilidade unha parte das deficiencias do hospital", valorou o alcalde. Caballero denuncia "queixas" cidadás por pacientes "tirados" nos corredores das Urxencias do Álvaro Cunqueiro, "saturadas" nun centro hospitalario con "so" dous anos de vida.
mércores, 10 xan 2018
O mal estado das conducións é a causa pola que a auga das billas do Ceip Ría de Vigo é de peor calidade que a entra no centro educativo, segundo indica un informe municipal que o rexedor enviará ao conselleiro de Educación para que substitúan as tubaxes de forma inmediata.
luns, 8 xan 2018
O alcalde agradece a colaboración da institución benéfica e apunta que as exencións fiscais municipais rondarán os 63.000 euros. Este acordo, explicou, permitirá á cidade contar en Bembrive cunha nova escola infantil e un no centro de atención a persoas con parálise cerebral.
luns, 8 xan 2018
Un acordo coa Diócese Tui-Vigo permitirá ao Concello acometer a humanización do torreiro de Valadares para habilitalo como espazo público de ocio. Así o explicou esta mañá o rexedor, logo de asinar un convenio co párroco de Valadares.
xoves, 4 xan 2018
O Ministerio da Seguridade Social rexeita a demanda de doazón realizada polo goberno local alegando que quere vendelo ou alugalo. O alcalde critica que "en 10 anos non fixeron nin un só intento de venda ou alugueiro".
venres, 29 dec 2017
O alcalde amosouse "satisfeito" ao comunicar á cidadanía o resultado do estudo realizado pola entidade independente OSUR (Observatorio de Servizos Urbanos) que sitúa a Vigo entre as 10 urbes referentes e exemplares no desenvolvemento de boas prácticas no ámbito dos servizos públicos, que vén a avalar a calidade, eficacia e eficiencia do servizo prestado.
xoves, 28 dec 2017
O alcalde fixo este xoves balance da xestión deste ano do que destacou as humanizacións, o proxecto do Vigo Vertical, o despegue do turismo e a débeda cero do Concello.
xoves, 28 dec 2017
Caballero destaca os dous millóns e medio de euros que o seu goberno dedica ás axudas antidesafiuzamentos e aos cheques sociais.
mércores, 27 dec 2017
Abel Caballero mantivo un encontro este mércores con Miguel Ángel Martín Márquez, novo Capitán Xefe da Compañía da Garda Civil en Vigo, que se incorpora ao seu novo destino na cidade procedente da comandancia de Tui e a quen o rexedor desexou o maior dos éxitos no cumprimento do seu labor profesional.
venres, 22 dec 2017
Os sindicatos de xustiza da cidade trasladáronlle a Abel Caballero a petición feita á Xunta de Galicia para que a Cidade da Xustiza incorpore tamén o Rexistro Civil, ao tempo que solicitan unha escola infantil nas instalacións.