Escoitar

A FEMP convoca un encontro entre os alcaldes das quince cidades españolas máis poboadas

O presidente de FEMP manterá mañá un encontro telemático cos rexedores das quince cidades españolas con máis poboación. Trátase, explicou, de poñer en común a situación destas urbes, cada unha cos os seus factores diferenciais, para intercambiar información.

luns, 4 mai 2020

Abel Caballero manterá mañá martes ás 13,00 h unha reunión telemática coas alcaldesas e os alcaldes das quince cidades españolas máis poboadas. Como presidente da FEMP - polo tanto convocante - e tamén como rexedor dunha desas urbes, explicou que o obxectivo este encontro é intercambiar información para sumar iniciativas ao prantexamento político sobre o que xa está a traballar a Federación Española de Municipios e Provincias no proceso de desescalada.