martes, 20 mar 2018
O alcalde e presidente do ente, Abel Caballero, subliñou a "importancia" desta actividade na cidade e o "momento extraordinario" que vive, ao tempo que censurou que a "paralización desde a Xunta dos procesos de formación orixinou un grave dano ao sector porque necesitan persoal formado técnico e non o teñen".
luns, 19 mar 2018
Abel Caballero asegura que a situación económica, cun PIB en niveis anteriores á crise, permite aplicar unha suba das pensións, unha decisión política, aclarou. Logo de reiterar o seu apoio á mobilización organizada o sábado, na que estivo presente, insistiu en que non poden ser os 8 millóns e medio de xubilados os que segan a pagar a saída da mala situación económica.
venres, 16 mar 2018
Abel Caballero anunciou a súa presenza na concentración convocada para este sábado ás 12 horas ante o MARCO. Considera "incomprensible e inadmisible" o argumento estatal para desatender a "xustísima" demanda do colectivo e recordou que a pensión é un "dereito adquirido e polo tanto reivindicámolo".
xoves, 15 mar 2018
O alcalde de Vigo visitou este xoves as JAI 2018 na Cidade Universitaria, xunto á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Caballero recordou a cooperación "singular, moi importante" do Concello co evento e puxo en valor a relevancia da automatización industrial, tras ter visitado recentemente a factoría viguesa de PSA.
mércores, 14 mar 2018
En Madrid, o alcalde e presidente da FEMP asegurou este mércores no Fórum Europa que "a nova política chámase política municipal", puxo en valor á administración local como interlocutora de cidadáns e axentes económicos e defendeu aos pequenos municipios contra o despoboamento dos territorios
xoves, 8 mar 2018
O alcalde de Vigo destacou este xoves a masiva participación das traballadoras do Concello nos paros e na folga programada polo Día internacional das Mulleres no 8 de Marzo. "Empeza unha nova forma de entender a igualdade e quero felicitar ás mulleres e chamar á concentración tamén aos homes", sinalou.
venres, 2 mar 2018
Caballero explicou que a auga de Vigo "é apta para o consumo" e de "óptima calidade" en base aos resultados dos análises realizados pola Xunta durante o último mes de 2017 e o primeiro de 2018. Segundo o rexedor, son máis analíticas que as feitas no resto das cidades galegas.
xoves, 1 mar 2018
Air Nostrum enlazará este verán, xa sen axudas municipais, o aeroporto vigués con Las Palmas e Menorca. Caballero valorou a boa nova e sinalou que é o exemplo de que a decisión do Concello de subvencionar rutas aéreas é acertada. "Xa o conseguimos, xa funcionan sen apoio", sinalou.
martes, 27 feb 2018
A FEMP dá unha resposta unánime ás propostas comprometidas polo Goberno. Case 300 alcaldes reunidos na sede da Federación dan o seu respaldo absoluto á elaboración en 15 ó 20 días dun decreto lei que permita o uso do superávit. Trátase do primeiro encontro destas características organizado pola Federación
luns, 26 feb 2018
O alcalde e presidente da FEMP reúnese na tarde deste luns co ministro de Facenda, cita na que reclamará a Cristóbal Montoro que as cidades poidan reinvestir o superávit sen limitacións, retomar a negociación sobre un novo teito de gasto, abordar o modelo de financiamento local en paralelo ao autonómico e que se permita a reposición de efectivos.<br />