martes, 12 xuñ 2018
Abel Caballero instou este martes á Xunta de Galicia á reposición "inmediata" do servizo de Pediatría no Centro de Saúde de Coruxo, un problema que afecta a un total de 1.050 nenos e nenas da parroquia viguesa. "É unha nova acción da Xunta danando gravemente a calidade sanitaria de Vigo", sinalou.
venres, 1 xuñ 2018
Abel Caballero felicitou esta mañá a Pedro Sánchez polo seu acceso á Presidencia do Goberno de España e adiantou que as relacións da cidade co Goberno mellorarán "substancialmente". "En termos de cidade e ao marxe de cores políticas , apuntou, é un gran avance que se irá vendo co tempo".
xoves, 31 mai 2018
Nunha reunión técnica que se celebrará o venres, o goberno de Vigo proporá á Xunta novos valores dos caudais ecolóxicos de Eiras e Zamáns para que os encoros "poidan soportar o mellor posible unha seca" como a do ano pasado. O alcalde asegurou que a proposta municipal non supón dano ao medio ambiente nin á zona marisqueira da desembocadura do Verdugo e do Oitavén.
mércores, 30 mai 2018
O alcalde recibiu este mércores á embaixadora, Sile Maguire, reunión na que abordaron cuestións comúns para Vigo e Irlanda, como o voo que conecta Peinador con Dublín ou o programa "Vigo en Inglés" para estadías de alumnado tamén en Irlanda. Abel Caballero explicou que Concello e Embaixada traballarán agora na mellora das relacións culturais entre Vigo e Irlanda.
mércores, 30 mai 2018
O alcalde avanzou que o Concello reclamará axudas para Vigo no Comité de Coordinación Aeroportuario convocado para mañá xoves en Santiago. Insistiu en que a Xunta ten que saldar unha "débeda histórica" coa cidade por tratar de pechar Peinador.
xoves, 24 mai 2018
O alcalde de Vigo informou este xoves de que xa se puxo en contacto co rexedor de Tui para ofrecerlle todos os recursos que precise tras a explosión na parroquia de Paramos. O Concello cancelou os actos do Día da Policía en solidariedade coas familias afectadas.
venres, 11 mai 2018
O alcalde manterá un encontro con auxiliares de enfermería o próximo martes 15 de maio, unha reunión na que lles ratificará o seu apoio expreso nas súas reivindicacións de non querer realizar traballos de limpeza que non lles corresponden. Na súa opinión, esta situación emana dun deterioro do modelo de hospital privado que a Xunta de Galicia instaurou en Vigo.
mércores, 18 abr 2018
O alcalde, Abel Caballero, participou este mércores no acto celebrado na Casa Galega da Cultura, para presentar a nova edición dunha Feira que terá luga do 28 de abril ao 1 de maio en Ribadavia, con viño, gastronomía e música na oferta programada.
luns, 16 abr 2018
O Concello de Vigo contará cos colectivos de Teis para trazar o futuro da recuperación da Etea así como a elaboración do proxecto da Senda Verde, sobre a antiga vía do tren. Así o confirmou o rexedor logo dun encontro co Plan Comunitario no que lle trasladaron o seu "total" apoio para converter en biblioteca o edificio do vello centro de saúde de Enrique Lorenzo.
xoves, 12 abr 2018
Abel Caballero resaltou esta mañá que Vigo é a cidade da economía, da empresa da innovación, cunha industria aeroespacial capaz de "lanzar proxectos que permiten gañar o futuro". Nun congreso internacional organizado esta mañá, asegurou que nestes momentos é preciso cambiar e adaptar os marcos da política industrial para seguir avanzando.