Os Gobernos Locais gañan peso na axenda do Goberno

martes, 25 set 2018

O alcalde de Vigo e presidente da FEMP destacou este martes a próxima reunión co Presidente do Goberno e os encontros xa mantidos con outros membros do Executivo. En violencia de xénero, Abel Caballero subliñou que "por primeira vez cédennos unha competencia con recursos"

Caballero estudará co Ministerio de Transición Ecolóxica solucións definitivas para a seca

mércores, 29 ago 2018

Abel Caballero avanzou esta mañá a vontade do Ministerio de Transición de estudar solucións de futuro para o abastecemento de auga na cidade. Cualificou a conclusión do encontro con Teresa Ribera de "altamente satisfactorio" dado que a ministra entendeu "perfectamente o problema, a dificultade coa que hai que afrontar esta nova situación de efectos de cambio climático con novas actuacións".