venres, 28 dec 2018
O alcalde participou na manifestación convocada polos profesionais sanitarios "para demandar mellor sanidade, mellor atención primaria e hospitalaria", unha saída "masiva" ás rúas de 37.000 persoas. Caballero agradeceu ao colectivo a súa defensa da sanidade pública viguesa e anunciou a súa presenza na concentración do 24 de xaneiro.
xoves, 20 dec 2018
O presidente da FEMP recibiu a resposta favorable do Xefe do Executivo ás súas propostas sobre o uso do superávit, teito de gasto e aplicación directa aos concellos dunha porcentaxe dos fondos europeos. Ademais, comprometeuse a reformar a LRSAL.
mércores, 19 dec 2018
"É o investimento con fondos europeos máis elevada que recibimos en toda a Historia; unha mostra de que temos un aliado no goberno de España", asegurou o rexedor
martes, 18 dec 2018
O presidente da FEMP considera que o encontro do próximo xoves co Presidente do Goberno é "un avance que temos que consolidar" con independencia de quen ocupe ambas presidencias" e subliña que se trata da primeira vez que un presidente español recibe a un presidente da FEMP "na mesma ronda inicial que fai cos presidentes autonómicos".
luns, 17 dec 2018
Tras a petición dos empresarios no transcurso do Padroado da Fundación Provigo, o alcalde deixou aberta a porta a esta ampliación dado o "impacto" positivo da iluminación no comercio, a hostalería e o turismo da cidade.
luns, 17 dec 2018
Logo de producirse dúas dimisións máis de xefes de servizo na área viguesa, Caballero esíxelle ao presidente da Xunta que tome medidas para "garantir" a atención sanitaria na cidade.
xoves, 13 dec 2018
O presidente da FEMP e o secretario de Estado de Seguridade Social, Octavio Granado, presentaron este xoves a Tarxeta Social Universal, un sistema de información que permite coñecer en tempo real as prestacións que recibe cada cidadán. Abel Caballero demanda máis competencias e recursos para mellorar a política social municipal.
mércores, 12 dec 2018
A formación presencial impartida pola Fundación Telefónica desenvolverase no Auditorio Mar de Vigo desde o vindeiro luns 17 de decembro e ata o 15 de marzo de 2019. <br />
martes, 11 dec 2018
Os responsables dos centros de saúde da cidade presentaron a súa dimisión en bloque en protesta "pola precariedade da asistencia sanitaria", indicou Caballero, quen recoñeceu o "esforzo e valentía" dos profesionais. "Que situación límite debemos estar pasando para que houbera esta dimisión masiva", anotou o rexedor: "teñen que empezar a resolver a situación".
luns, 10 dec 2018
"É unha forma ideal de divulgación científica", encomia Caballero na presentación da publicación realizada pola Fundación CSIC e financiada desde a candidatura Cíes Patrimonio da Humanidade.