Escoitar

Vigo, cidade amable para o turismo de familias

O alcalde informou este martes de que a urbe vén de recibir o distintivo “Family Friendly 2020” na categoría de destino urbano, como un dos favoritos en España para pasar as vacacións en familia

martes, 14 xul 2020

Para Abel Caballero a concesión desta acreditación significa que “somos unha cidade amable na recepción do turismo de familias” e enmárcao nunha corrente positiva que se está producindo “ultimamente”, dado que “entramos en tódalas clasificacións, esquemas, somos un destino buscado en redes; entramos nun ámbito no que non estabamos que é o da atención de destinos turísticos de toda España, que se nota no nivel de afluencia e ocupación”.

A acreditación Family Friendly 2020 desenvólvea Vrbo, unha plataforma online especializada en alugueiros vacacionais para familias e, no estudo, Vigo é un dos 6 mellores destinos urbanos en España xunto a Oviedo, Santander, Cádiz, Málaga e Bilbao.