O goberno municipal abre os campamentos “Verán de Lecer” no Verbum
Os campamentos Verán de Lecer”, destinados a persoas con discapacidade psíquica, física o sensorial, comezaron este luns no Verbum co obxectivo de dar un un respiro ás familias durante a temporada estival. O alcalde apuntou que o Concello dispón de 3.000 prazas en campamentos de verán que funcionan coa máxima seguridade
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns da apertura dos campamentos de ocio e tempo libre “Verán de Lecer” destinados a persoas con discapacidade. O Concello, a través da Concellería de Política de Benestar Social, ofrece un total de 105 prazas durante os meses de xullo e agosto para acudir ás actividades que se celebran no Verbum.
“É un servizo de ocio e respiro familiar dirixido a persoas con discapacidade psíquica, física ou sensorial co único requisito de estar empadroado en Vigo”, sinalou o rexedor. Así, entre o 13 de xullo e o 28 de agosto estarán en funcionamento cun servizo gratuíto de transporte en taxi.
O rexedor tamén lembrou que o Concello ten en marcha agora mesmo campamentos cunhas 3.000 prazas dispoñibles. “Temos todas as medidas de seguridade e recibimos moitísimas felicitacións pola boa organización”, sinalou.
Pavillón Berbés
Ademais, o alcalde fixo balance do funcionamento do pavillón de Berbés como centro de acollida durante a crise sanitaria do Covid-19. O número de persoas sen fogar atendidas na instalación deportiva municipal foi de 148 (o 84% foron homes e o 69% de usuarios tiñan entre 46 e 65 anos). Houbo 3.586 pernoctas e servíronse 3.596 almorzos, 3.468 comidas, 3.382 merendas e 3.578 ceas, ademais de prestar 1.559 servizos de lavandería, 19 xestións de medicación e 70 entregas de roupa e calzado.