martes, 17 xul 2018
O alcalde de Vigo denunciou este martes que a Xunta tenta paralizar con fines electoralistas os principais proxectos postos en marcha polo goberno local. Abel Caballero enumerou media ducia de actuacións nas que a administración autonómica está "contra Vigo" nunha situación "sen precedentes".
venres, 13 xul 2018
O Concello ten unha puntuación de 97,5 sobre 100 o que a coloca como líder da clasificación galega e entre as dez primeiras cidades máis transparentes de España. Así o dixo o rexedor hoxe venres, cando deu conta da aprobación en Xunta de Goberno de novas medidas dentro do Plan de Seguemento e Avaliación de Transparencia e o Bo Goberno. <br />
martes, 10 xul 2018
A xuntanza entre o presidente da Federación Española de Municipios (FEMP) e a ministra Meritxell Batet foi o preparatorio da entrevista que Abel Caballero manterá co presidente do Goberno, Pedro Sánchez. Modificación da regra de gasto para Entidades Locais e recuperación da capacidade de xestión en políticas sociais, asuntos tratados na reunión da FEMP co Ministerio de Política Territorial e Función Pública.
xoves, 5 xul 2018
O presidente da FEMP e a ministra de Política Territorial e Función Pública falarán o próximo martes de flexibilización do teito de gasto, recuperación de competencias perdidas coa LRSAL, entre outros asuntos. En rolda de prensa, Caballero manifestou o seu recoñecemento á vontade política "de recoñecer o municipalismo en España".
martes, 26 xuñ 2018
O alcalde de Vigo sinala que recibir o mesmo trato que as comunidades autónomas representa "un novo avance na posición da FEMP e na súa presenza no conxunto de España".
venres, 22 xuñ 2018
O alcalde puxo en valor esta distinción dos servizos públicos de Vigo, que están "entre os mellores de España". O Observatorio cita a León, Huelva, valencia, San Sebastián de los Reyes e a Vigo, de quen destaca en particular "a xestión equilibrada dos seus orzamentos e servizos públicos".
mércores, 20 xuñ 2018
O evento, que abarca seis congresos internacionais e un workshop sobre Cíes Patrimonio da Humanidade, celébrase ata o venres no Auditorio Mar de Vigo. Durante a inauguración, o alcalde destacou a vocación dos vigueses polo mar" e o apoio do concello á investigación
luns, 18 xuñ 2018
O alcalde e presidente da Fundación, Abel Caballero, asegurou que existe unha demanda "moi importante" de empresas que solicitan a súa incorporación en ProVigo así como de celebrar máis eventos sectoriais da economía como os xa promovidos cun "gran éxito" pola entidade.
mércores, 13 xuñ 2018
Máis de 230 Gobernos Locais manifestaron xa a súa disposición á acollida, revelou o alcalde e presidente da FEMP. Caballero amosou ao Executivo o seu agradecemento por contar coa Federación na coordinación da acollida destes 629 refuxiados.
mércores, 13 xuñ 2018
Abel Caballero fixo este mércores balance 2+3 (dous mandatos máis tres anos do terceiro) da súa etapa ao fronte do goberno vigués. Acompañado dos concelleiros e concelleiras do executivo local, o alcalde destacou a "transformación da cidade" e lembrou os momentos complicados durante a loita contra os recentes incendios. Ademais, incidiu nas políticas sociais e de emprego, a débeda cero, as humanizacións e os grandes proxectos en marcha.