Vigo autorizará cacharelas de San Xoán en espazos amplos para garantir a seguridade sanitaria
Vigo poderá celebrar a noite de San Xoán coas tradicionais cacharelas que se organizarán en espazos amplos que permitan manter as distancias de seguridade. En poucos días abrirá o prazo para solicitar o correspondente permiso e se farán públicas as condicións de precaución sanitaria que se deberán cumprir.
O alcalde anunciou esta mañá que Vigo poderá gozar das cacharelas de San Xoán dado que as condicións sanitarias asi o permiten. Será preciso cumprir unha serie de medidas preventivas -que se coñecerán no seu momento - e proximamente abrirá o prazo para solicitar o permiso pertinente. Con todo, Caballero xa avanzou que todas as cacharelas que se autoricen serán en espazos amplos que permitan manter as distancias de seguridade.