luns, 27 ago 2018
Desde hoxe luns está aberta e funcionando a oficina municipal de atención aos afectados do Marisquiño en horario de 09,30 a 14,00 h. En dependencias do primeiro andar do Concello, un técnico en xestión e un xurídico asesorarán sobre reclamacións, documentación precisa e prazos a todos aquelas vítimas que así o decidan.
mércores, 22 ago 2018
O alcalde visitou este mércores as instalacións da empresa, en Alcabre, onde elaboran galletas artesanais personalizadas para o cliente. Abel Caballero salientou este "bo proxecto" que combina a fabricación dos doces coa personalización dos agasallos.
mércores, 22 ago 2018
Como presidente da FEMP, Abel Caballero proporá mañá xoves ás ministras de Facenda e Política Territorial un novo teito de gasto para as entidades locais en vigor este mesmo ano e un uso autónomo do superávit municipal. Abel Caballero amosouse satisfeito da devolución, e con recursos, das competencias na atención á violencia de xénero.
luns, 20 ago 2018
Caballero anunciou este luns que o Concello ultima os trámites para a creación da oficina de orientación a afectados polo accidente do Marisquiño, ademais de manter o 986810101 con atención as 24 horas.
martes, 14 ago 2018
Abel Caballero explicou este martes que organizadores, autoridades e corpos de seguridade celebraron o 24 de xullo unha reunión de seguridade na sede da Autoridade Portuaria de Vigo sen que ningunha das partes puxera obxeccións á celebración do festival do Marisquiño.
luns, 13 ago 2018
Abel Caballero visitou este luns aos ingresados e familiares para comunicarlles o "cariño" da cidade. O rexedor recalcou que "as persoas son a nosa maior preocupación", confirmou que non se teme pola vida de ningunha e que se dispuxo dun teléfono de atención: 986 810101. O derrubamento foi "moi importante", subliñou, pois cedeu a "estrutura de formigón" baixo o paseo.
mércores, 8 ago 2018
O Pleno da Zona Franca aprobará mañá xoves os orzamentos do Consorcio no que será a primeira sesión desde o nomeamento de David Regades como delegado. Abel Caballero, tamén presidente do pleno da Zona Franca, avanzou que esta "nova etapa" está marcada pola "maior ambición" para atender á economía da cidade.
venres, 3 ago 2018
Tras a toma da posesión do novo delegado, o alcalde e presidente do Pleno da Zona Franca anunciou este venres a convocatoria dunha sesión o próximo xoves, 9 de agosto, para aprobar os orzamentos e designar os novos vogais. Caballero destacou a valía de Manuel Rodríguez, Elena Espinosa e Ana María Mejías.
martes, 24 xul 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes de que o Grupo de Traballo de Integridade na Contratación Pública, promovido polo Concello de Vigo e constituído na Rede pola Transparencia e a Participación Cidadá da FEMP, foi recoñecido co Premio Novagob Excelencia 2017 á loita contra a corrupción.
martes, 24 xul 2018
Enrique Mallón, secretario xeral da Asociación de industrias Metalúrxicas (Asime), será o encargado de ler este martes o pregón do Día de Galicia en Vigo. O acto celebrarase ás 20:00 horas no Pazo de Castrelos e contará coas actuacións de Rodrigo Romaní Trío e a Academia Media Punta.