Escoitar

O alcalde apoia á ONCE no retorno dos vendedores ás rúas

Abel Caballero foi invitado ao acto simbólico organizado este martes pola ONCE por mor do retorno dos vendedores do cupón aos quioscos. Polo Covid-19, esta foi a primeira vez en 81 anos de historia que a entidade tivo que suspender os sorteos.

martes, 16 xuñ 2020
De esquerda a dereita, Nuria Rodríguez, Yolanda Aguiar, Roberto Gaspar e Abel Caballero
De esquerda a dereita, Nuria Rodríguez, Yolanda Aguiar, Roberto Gaspar e Abel Caballero

Xunto ás edís de Benestar e Medioambiente, Yolanda Aguiar e Nuria Rodríguez, respectivamente, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, achegouse este martes ao posto da ONCE no farol de Urzáiz, invitado polo director da organización en Vigo, Roberto Gaspar, para participar no acto simbólico de reinicio da actividade vendedora nas rúas da cidade.

O rexedor quixo apoialos na súa acción e dar a benvida a todos aqueles que cooperan coa ONCE na súa labor. En declaracións posteriores ao acto, Caballero felicitounos e puxo en valor a importancia do retorno da “nova normalidade”, que fai posible a volta dos vendedores aos quioscos.

Descargar todas as imaxes