Escoitar

Abel Caballero propón a Alejandro Gómez como Vigués Distinguido 2020

O alcalde anunciou este martes que propoñerá o nomeamento do atleta vigués de “traxectoria exemplar” para que reciba o recoñecemento da cidade. O Concello prepara o acto de entrega dos premios para comezos do vindeiro mes de xullo.

martes, 23 xuñ 2020

O rexedor destacou a “traxectoria exemplar” de Alejandro Gómez que foi tres veces olímpico, nos xogos de Seúl, de Barcelona e de Atlanta; 41 veces internacional con España; plusmarquista español xuvenil e júnior de 2.000, 5.000 y 3.000 metros; campión de España de 10.000 metros nos anos 1989, 1991, 1993, 1995, 1996; campión de España de media maratón nos anos 1992 e 2003 e campión de España de cross nos anos 1989 e 1995, entre outros logros da súa carreira deportiva.

Caballero propoñerá que Alejandro Gómez sexa nomeado Vigués Distinguido do ano 2020 no acto que se celebrará na cidade a principios do mes de xullo. Ademais, o goberno municipal pedirá aos outros grupos que propoñan un candidato para recibir este recoñecemento.

O colectivo de sanitarios recibirá a Medalla da cidade polo labor que desenvolveron durante a pandemia.