Escoitar

Concello e Foanpas asinan o convenio anual de colaboración

O acordo, que ten un importe de 606.000 euros para financiar axudas de comedor e actividades extraescolares, rubricouse este venres nas dependencias municipais. Amais, o Concello cederá o pavillón das Travesas para as probas da EBAU.

venres, 19 xuñ 2020

O alcalde asinou este venres con Foanpas, a Federación Olívica de Asociacións de nais e pais de alumnos de Vigo, o convenio anual de colaboración que ten un importe de 606.000 euros co fin de sufragar axudas para o comedor e actividades extraescolares do alumnado da cidade.

O rexedor informou tamén da cesión do Pavillón das Travesas á Universidade de Vigo para realizar as probas de avaliación do Bacharelato para o acceso á Universidade (EBAU) que se celebrarán os días 7,8 e 9 de xullo.

 

Descargar todas as imaxes