venres, 21 xul 2017
O presidente da Real Academia Galega será o encargado da redacción do bando deste ano polo Día de Galicia, segundo anunciou este venres o alcalde, Abel Caballero. O Concello celebrará o Día de Galicia en Vigo o próximo mércores, 26 de xullo, no Pazo de Castrelos.
mércores, 12 xul 2017
O rexedor e presidente de Zona Franca reuniuse este mércores coa Delegada da entidade co obxectivo de abordar o vindeiro Pleno da entidade no que se aprobará o presuposto de 2018.
mércores, 12 xul 2017
O alcalde participou no acto de apertura do novo Leroy Merlín da Avenida de Madrid 136, un "gran obxectivo", un "nome de prestixio" para Vigo, cidade que "quere ter aquí aos mellores". Caballero ve na súa implantación en Vigo un "éxito asegurado" da compañía, polo "enorme tirón" que ten a cidade olívica.
mércores, 12 xul 2017
Antes de gardar tres minutos de silencio ante o MARCO, o alcalde trasladou "o noso recordo emocionado" ao concelleiro de Ermua asasinado, a todas as vítimas de ETA e ás súas familias, e a "homenaxe á aquela sociedade que hai vinte anos gritou un basta xa". <br />
martes, 11 xul 2017
Este mércores, 12 de xullo, Vigo homenaxeará ao concelleiro de Ermua asasinado por ETA hai vinte anos cunha concentración ás 12 horas ante o MARCO. O alcalde e presidente da FEMP invitou ás entidades locais a sumarse: "queremos que a súa figura simbolice a todas as vítimas do terrorismo".
luns, 10 xul 2017
O alcalde participou este luns no Mar de Vigo no acto de benvida da 38ª "Annual Conference of the International Society for Clinical Biostatistics", congreso científico de carácter internacional que promove o intercambio de teoría, métodos e aplicacións de bioestatística en investigación biomédica.
venres, 7 xul 2017
O alcalde de Vigo e presidente da FEMP anunciou hoxe venres a remisión dun escrito ás entidades locais de España invitándoas a convocar concentracións en recordo do concelleiro de Ermua asasinado por ETA o 12 de xullo de 1997. En Vigo, Caballero convocou a concentración o mércores ás 12 horas ante o MARCO.
venres, 7 xul 2017
Desde este venres son públicos os resultados deste ano do Índice de Transparencia dos Concellos, que sitúa ao Concello de Vigo á cabeza das cidades galegas e entre os mellores de España con 98,8 puntos sobre 100 posibles. "O Concello de Vigo é absolutamente cristalino", salientou Abel Caballero.
mércores, 28 xuñ 2017
O alcalde puxo en valor esta mañá a organización de MESIC 2017 en Vigo, un congreso de Enxeñería de Fabricación que concitará a 400 expertos no Auditorio Mar de Vigo ata o próximo venres 30 de xuño.
xoves, 22 xuñ 2017
O rexedor achegouse esta tarde á inauguración dunha exposición fotográfica sobre a Rapa das Bestas instalada na Praza do Rei. Acompañado polo presidente da Asociación "Rapa das Bestas", Caballero eloxiou a mostra, que consta de dous paneis, con dez fotos cada un.