mércores, 14 xuñ 2017
Milleiros de persoas encheron a Porta do Sol na noite deste mércores para asistir ao concerto da Coral Casablanca e apoiar a convocatoria promovida polo Concello de Vigo esixindo aos gobernos de España e de Santiago o AVE directo Vigo-Madrid. Na súa intervención, o alcalde denunciou que Vigo, duodécima cidade peninsular, é a "única gran cidade de España sen AVE".
luns, 12 xuñ 2017
Despois de reunirse cos seus responsables na mañá deste luns, Caballero garantiu a colaboración do Concello para divulgar e promover o servizo que ofrecerá o Colexio unha vez por semana, un asesoramento xurídico de balde no ámbito sociolaboral e de seguridade social.
xoves, 8 xuñ 2017
No marco do seminario "O plan de inversións para Europa. Unha oportunidade de crecemento para Galicia", organizado pola Comisión Europea en España e o Banco Europeo, Abel Caballero situou a Vigo á cabeza da aposta "sempre pola integración en Europa, como cidade aberta que somos" e destacou a capacidade olívica de xerar oportunidade das crises sabendo arriscarse cando aparece un novo escenario. Referiuse tamén á necesidade de cooperación entre os países e cidades, apuntando que "Europa é o futuro e a unión fainos máis fortes".
xoves, 8 xuñ 2017
O alcalde e presidente de Zona Franca participou esta mañá na clausura do acto de lanzamento da segunda convocatoria Business Factory Auto, no Centro de Negocios Porto do Molle. Durante a súa intervención, destacou a "excelencia e a capacidade" dos nove proxectos presentados, e puxo en valor "a enorme capacidade de emprendemento deste territorio".
xoves, 8 xuñ 2017
"Como é natural e como demandábamos", así explicou o alcalde o posicionamento do goberno municipal no consello de administración do Consorcio celebrado este xoves, apostando pola extensión do "gran traballo" que está facendo.
martes, 6 xuñ 2017
Na apertura da xornada organizada por Provigo baixo o lema "Vigo ante o seu futuro", o alcalde salientou a importancia "central" do sector naval e pesqueiro que cualificou como "fortaleza" da economía viguesa e animou a todas as "pezas" da urbe a traballar xuntos para afrontar os retos nun momento no que a relación dos sectores produtivos coa cidade é "excepcionalmente boa". Así, animounos a limar a fricción no caso de que a houbese e alentou a todas as partes a impulsar unha recuperación que "se ve e se palpa". "Vigo é e será tanto como sexa a nosa economía", apuntou ao inicio dunha sesión de arredor da pesca e o sector naval que contou coa participación de Javier Touza, presidente de ARVI, Marcos Freire, director xeral de Freire Shipyard e José García Costas, presidente da Cámara de Comercio de Vigo.
martes, 6 xuñ 2017
Tras a solicitude de reunión por parte do Conselleiro de Cultura para abordar a candidatura das Illas Cíes a Patrimonio Natural da UNESCO, Abel Caballero lamenta descoñecer os trámites realizados polo goberno autonómico.
luns, 5 xuñ 2017
O Concello decretou tres días de loito oficial nos que as bandeiras ondearán a media hasta en sinal de dor e repulsa polos atentados acontecidos o pasado sábado na capital británica. "En recordo das vítimas, en atención ás súas familias e no desexo de recuperación de todos os feridos", apuntou o alcalde tras o minuto de silencio gardado na Praza do Rei por todo o Goberno. Expresou tamén a "vontade de que a batalla contra o terrorismo internacional e contra os asasinos que traen tanta dor continuará na democracia, que gañará esta batalla como tantas outras que gañou". <br />
venres, 2 xuñ 2017
O alcalde participou este venres na clausura do congreso local da formación sindical, celebrada no Auditorio Municipal da cidade, e trasladoulle a súa felicitación ao novo secretario xeral, Ernesto Fontanes, así como aos novos membros da dirección a quen animou a afrontar os importantes retos que se presentan de cara ao futuro. <br />
xoves, 1 xuñ 2017
Caballero citou este xoves artigos das Directrices Prácticas para a Aplicación da Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO que incumpriría a proposta da Xunta para as Illas Atlánticas ao carecer de respaldo social: "a Xunta fixo a proposta de inscrición sen ningún consenso e, polo tanto, esa candidatura está invalidada".