Mañá sairán as reservas pendentes do concerto de Sting
Abel Caballero avanzou esta mañá que o Concello volverá a por a disposición da cidadanía ao redor de 400 reservas de Sting que quedaron pendentes. Sairán este venres as 10:00 horas na billeteira do Auditorio Municipal da Praza do Rei.
Na rolda de prensa matinal, Abel Caballero anunciou que aínda existen posibilidades de asistir á platea do auditorio de Castrelos para o concerto que celebrará Sting, o 6 de agosto as 22:00 horas. Como sinalou, “as reservas estarán a venda o venres as 10:00 horas, para todo o que desexe acudir”.
O alcalde explicou que estas entradas corresponden á venda presencial do turno da tarde do día 8 de xullo, xa que pola maña esgotáronse e na venda online apenas duraron minutos en ambas quendas. Estas reservas teñen un custo de 12€ e poderán adquirir un máximo de dúas por persoa.