Escoitar

A corporación aproba unha moción instando a Xunta de Galicia a repoñer a Tarxeta Básica

O Pleno Ordinario do mes de xullo celebrado este mércores aprobou unha moción para que se repoña de forma urxente a Tarxeta Básica por parte da administración autonómica.

mércores, 27 xul 2022

O obxectivo desta moción é a reposición inmediata da Tarxeta Básica por parte da Xunta de Galicia, retirada o 30 de xuño de 2022, para desta forma garantir as necesidades básicas das persoas máis vulnerables. A concelleira de Políticas de Benestar, Yolanda Aguiar, expuxo que “con esta cancelación da Tarxeta Básica por parte da Xunta estase a deixar na cuneta ás familias en risco de exclusión social, baixo a escusa de que rematou a pandemia”.

Ademais solicitáselle o ente autonómico que materialice en proxectos as transferencias que reciben do goberno do Estado, ao abeiro dos Fondos Europeos; para desta forma por as persoas no centro das políticas públicas. Reafirmando que estas medidas se desenvolvan con perspectiva de xénero, para atender aos colectivos máis vulnerables como mulleres e nenos e nenas.

A moción saíu adiante con 17 votos a favor (por parte do grupo socialista, do grupo mixto e do concelleiro non adscrito) e con 4 abstencións (pertencentes os membros do Partido Popular).

Descargar todas as imaxes