Escoitar

O Concello prorroga ata o 25 de agosto o prazo para solicitar as becas de comedor e libros

Caballero garante que “ninguén que teña dereito vaise quedar sen beca mentres eu sexa o alcalde”, afirmou en declaracións remitidas aos medios.

mércores, 27 xul 2022
Arquivo: o rexedor en rolda de prensa
Arquivo: o rexedor en rolda de prensa

O goberno local de Vigo prorroga o prazo para a solicitude das becas de comedor e libros ata o 25 de agosto. O rexedor anunciouno en declaracións remitidas aos medios e garantiu a beca para todos os que teñan dereito a recibila: “Ninguén sen beca mentres eu sexa alcalde”, afirmou

Para solicitar estas axudas é preciso ter cita previa a través da web do Concello, no enderezo www.vigo.org, e tamén se pode tramitar electronicamente a través da carpeta cidadá, o que permitirá achegar ás instalacións municipais sen necesidade de agardar ringleiras.

O orzamento municipal para as bolsas de libros e material escolar acada os 135.000 euros e as de comedor chega a 1.145.000 euros. O Concello ten prevista a posibilidade de incrementar a partida noutros 185.000 euros se é preciso.

Descargar todas as imaxes