Vigo correrá a Howden Media Maratón "La21" o 6 de novembro
Esta mañá presentouse a Howden Media Maratón "La21" nas oficinas de Howden en Zona Franca. As persoas interesadas xa poden apuntarse a esta proba deportiva.
Abel Caballero participou na presentación da Howden Media Maratón "La21", que desenvolveuse nas oficinas de Howden nas instalacións de Zona Franca en Travesía de Bouzas. O alcalde louvou a acción e responsabilidade da empresa e agradeceu o compromiso co deporte e con Vigo. Os runners están convocados o 6 de novembro ás 10 horas.
É a primeira carreira co Howden ao fronte e que organiza Diessem. Segundo apuntaron os organizadores, "a vida saudable entra dentro da acción de responsabilidade social corporativa".
As inscricións están abertas para a carreira que desenvolverase ao longo de 21km na cidade de Vigo, con punto de partida desde o Real Club Náutico e chegada á praia do Vao. Unha semana despois, haberá unha recollida de residuos nas praias de Samil e O Vao, "amosando así tamén un compromiso co medio ambiente", especificaron na presentación.