Abel Caballero anuncia que Vigo celebrará o Día de Galicia o 12 de agosto con Nadia Calviño como pregoeira
O acto celebrarase un ano máis nos xardíns de Castrelos. O alcalde convida a cidade a acompañar “na homenaxe que dende Vigo se lle rende o conxunto de Galicia”.
O rexedor vigués comunicou esta maña a data de celebración do Día de Galicia en Vigo, que terá lugar o 12 de agosto as 20:00 horas nos xardíns de Castrelos, por mor da onda de calor que estamos sufrindo.
Aproveitou para anunciar que a pregoeira será a vicepresidenta primeira do Goberno e ministra de Asuntos Económicos, Nadia Calviño. O alcalde sinalou que “unha persoa co seu coñecemento da economía é a persoa máis indicada para falar de Vigo e da visión galega dende a cidade, xa que Vigo é a cidade da economía”.