Comeza o programa "Lecer no verán" cunha ruta a bordo do Nautilus
Abel Caballero saudou aos participantes da actividade, que surcan a ría durante hora e media para coñecer tamén os secretos do mar co Nemo, un dispositivo submarino ao bordo do Nautilus. O programa “Lecer no verán” conta con 240 prazas para persoas con diversidade funcional, isto é o dobre que o ano anterior. As actividades levaranse a cabo os meses de xullo e agosto con dous tramos de idade: de 6 a 30 anos e de 30 anos en adiante, respectivamente.
Descargar todas as imaxes