mércores, 20 xul 2022
O alcalde recomenda ás familias o uso deste dispositivo que resulta de gran utilidade no caso de extravío de menores. Están dispoñibles en Samil e nas praias viguesas con servizo de socorrismo e salvamento.
mércores, 20 xul 2022
Abel Caballero e a presidenta da Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (FOANPAS), Iria Salvande Lorenzo, asinaron este mércores un convenio de colaboración para financiar as bolsas de comedor dos escolares.
mércores, 20 xul 2022
O alcalde avanzou que este xoves 21 de xullo rubricará en Madrid, coa presidenta de ADIF, María Luisa Domínguez o convenio patrimonial e urbanístico entre o Concello e o administrador ferroviario.
mércores, 20 xul 2022
Abel Caballero mantivo onte unha xuntanza coa ministra de Sanidade, Carolina Darias, na que, como presidente da FEMP, asinou a convocatoria de 18 millóns para as entidades locais dentro de Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Vigo concorrerá co máximo importe, 300.000 euros, para a construción dos parques infantís de Camilo José Cela e o Berbés.
mércores, 20 xul 2022
O alcalde enviou unha carta ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, co obxectivo de fixar unha xuntanza na que abordar “unha trintena de asuntos que a Xunta ten pendentes coa cidade”.
mércores, 20 xul 2022
Abel Caballero saudou aos participantes da actividade, que surcan a ría durante hora e media para coñecer tamén os secretos do mar co Nemo, un dispositivo submarino ao bordo do Nautilus. O programa “Lecer no verán” conta con 240 prazas para persoas con diversidade funcional, isto é o dobre que o ano anterior. As actividades levaranse a cabo os meses de xullo e agosto con dous tramos de idade: de 6 a 30 anos e de 30 anos en adiante, respectivamente.