Caballero censura a connivencia de Xunta e Goberno para que Vigo non teña AVE directo a Madrid

mércores, 31 mai 2017

O alcalde avanzou esta mañá que o anuncio das mobilizacións sociais en favor da alta velocidade en Vigo conseguiu que desde Fomento solicitaran, logo de dous anos e medio, informes sobre a Declaración de Impacto Ambiental. Na súa opinión, o Goberno Central, coa connivencia da Xunta, non ten vontade algunha de avanzar na variante de Cerdedo, tal e como evidencia unha carta do responsable de Fomento, Íñigo de la Serna.

O rexedor apunta a importancia de visibilizar as enfermidades mentais

xoves, 25 mai 2017

No inauguración da I Xornada Galega de Enfermería de Saúde Mental, organizada por AEESME no Edificio Municipal do Arenal, Abel Caballero felicitou aos profesionais deste ámbito sanitario polo seu labor diario e amosoulles o seu afecto e respecto polo traballo que desenvolven cunhas doenzas que "ata hai moi pouco tempo se ocultaban". O alcalde destacou a importancia de facelas visibles para avanzar na súa abordaxe e tratamento. Ademais, deu a benvida a Vigo a todas as persoas asistentes e convidounos a gozar da estadía nunha cidade "hospitalaria e extraordinaria".

Caballero pide "celeridade" ao Goberno e ao Parlamento na modificación do imposto de plusvalía

xoves, 18 mai 2017

O alcalde e presidente da FEMP manifestou que "queremos seguridade xurídica" na súa aplicación, despois de que o Tribunal Constitucional ditaminase que o imposto é inconstitucional nos casos nos que non exista incremento de valor no momento de transmisión. A FEMP elevará ao Ministerio unha proposta para adaptar a lei á sentenza do TC, segundo adiantou Abel Caballero.