O rexedor recibe ao Club Freestyle Slalom Vigo

luns, 11 xul 2022

Unha representación da entidade visitou este luns as instalacións do Concello, onde foron recibidos por Abel Caballero, quen se interesou polo desenvolvemento da súa práctica deportiva que inclúe diferentes modalidades da patinaxe en liña. Amais, amosáronlle ao rexedor os galardóns acadados nas últimas competicións, con medallas en campionatos mundiais, europeos e españois.

O alcalde acompaña á familia propietaria de Vialia na súa visita ás instalacións

martes, 5 xul 2022

Unha representación ampla de Mulliez, propietarios do grupo Nhood, responsables do desenvolvemento do centro comercial Vialia, visitou este martes o edificio para coñecer o seu funcionamento e implantación. O alcalde convidounos a gozar da cidade e agradeceulles a aposta por este proxecto ante o que “Vigo está respondendo”. A delegación estaba encabezada por Barthélémy Guislain, presidente da Asociación Familiar Mulliez, xunto a Antoine Grolin, presidente do Consello de Administración de Nhood; Manuel Teba, director xeral de Nhood España, Teresa Verdugo, directora de operacións de Nhood España así como Ignacio Sanz, director de estacións de viaxeiros de Adif.