Escoitar

O Concello dedica 50.000 euros aos deportistas de alto nivel da cidade

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar as bases e a convocatoria específica de axudas para potenciar o desenvolvemento de programas de adestramento e participación de deportistas da cidade en competicións oficiais de alto nivel 2022.

xoves, 18 ago 2022
O rexedor durante a rolda de prensa deste xoves
O rexedor durante a rolda de prensa deste xoves

O alcalde explicou en rolda de prensa que as axudas serán outorgadas en réxime de concorrencia competitiva, cunha contía máxima individualizada de 2.500 euros por deportista, co obxectivo de axudarlles a sufragar os gastos de desprazamentos e adestramentos necesarios para o desenvolvemento da súa modalidade deportiva. Poderán acollerse ao programa as competicións realizadas entre o 1 de setembro de 2021 e o 30 de agosto de 2022 e, unha vez publicada a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, abrirase un prazo de quince días para solicitar as axudas.

Amais, quedou adxudicada a contratación do servizo para a xestión, organización e desenvolvemento do programa municipal para escolares “Visita ou teu Concello”, que ten un importe de 39.700 euros, e que permite que o estudantado de Infantil e Primaria da cidade coñeza as instalacións municipais. O servizo inclúe 50 visitas didácticas e, a maiores, 10 visitas guiadas en inglés.

 

Descargar todas as imaxes