Escoitar

O alcalde entrega a Begoña Vila Costas o galardón Viguesa Distinguida 2022

A astrofísica viguesa, que desenvolve o seu labor na NASA, non puido recoller o recoñecemento da cidade o pasado mes de marzo xunto ao resto de persoas e entidades premiadas, ao estar traballando nos Estados Unidos.

mércores, 17 ago 2022
Begoña Vila recibe do alcalde a distinción como Viguesa Distinguida 2022
Begoña Vila recibe do alcalde a distinción como Viguesa Distinguida 2022

Abel Caballero puxo en valor a figura de Begoña Vila Costas a quen dixo entregarlle o galardón “sabendo que é unha das grandes científicas que tivo nunca Vigo na súa historia. Fágoo cun inmenso orgullo e felicitareina no nome da cidade”.

O Concello acolleu o acto de entrega da distinción a Begoña Vila Costas que estivo acompañada pola súa filla maior e polas súas irmás. Enxeñeira doutorada pola Universidade de Manchester, traballa actualmente na NASA, e foi unha das científicas responsables do desenvolvemento do maior telescopio enviado ao espazo, o James Webb, tal e como sinalou o rexedor en rolda de prensa.

Begoña Vila non puido asistir á Gala de entrega dos premios Viguesas e Vigueses Distinguidos, celebrada no mes de marzo, ao estar traballando nos Estados Unidos pero regresa cada verán á cidade e recibe hoxe o recoñecemento da cidade.

Begoña Vila recibe do alcalde a distinción como Viguesa Distinguida 2022
Descargar todas as imaxes