Vigo traslada ao Ministerio de Industria os manifestos de interese impulsados para captar fondos Next GenerationEU

luns, 10 mai 2021

Abel Caballero, Carmela Silva e David Regades mantiveron esta mañá unha reunión no Ministerio de Industria para presentar algúns dos proxectos cos que Vigo aspira a fondos NextGenerationEU. Segundo explicou o rexedor, durante o encontro pasaron revisión a todos os manifestos de interese que se enviaron desde o Consorcio da Zona Franca, ademais de detallar os distintos proxectos.

Abel Caballero: “Os municipios son a esencia da tolerancia”

venres, 7 mai 2021

O presidente da FEMP e a vicepresidenta primeira do Goberno presentaron este venres o programa “Municipios pola Tolerancia: Cara a unha mellor xestión da diversidade relixiosa”. No encontro, o alcalde abordou con Carmen Calvo os fondos europeos e a súa importancia para a recuperación do “difícil momento económico no país” así como a “conveniencia de que os concellos sexamos receptores de fondos europeos en magnitudes equivalentes ao noso peso, algo que xa está facendo o Goberno”.

Os municipios recibirán 1.500 millóns de euros de fondos europeos para proxectos de mobilidade

xoves, 6 mai 2021

Abel Caballero amosou a súa “satisfacción” polo compromiso trasladado este xoves polo secretario de Estado de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana no transcurso dunha reunión mantida coa FEMP. Pedro Saura avanzou que os proxectos municipais que opten aos fondos europeos Next Generation poderán presentarse a comezos deste verán, en canto se publique a Orde Ministerial que regula as subvencións.

Abel Caballero saúda a reapertura do túnel da Cañiza

venres, 30 abr 2021

O alcalde asistiu este venres, xunto ao secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Sergio Vázquez, á supervisión da posta en servizo do túnel do Folgoso na autovía A-52 á altura da Cañiza, logo do seu peche durante tres meses por mor dos danos provocados polo incendio dun camión que obrigou ao peche do tráfico. No acto participaron tamén o rexedor da Cañiza, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba.