Aprobadas na última semana 48 axudas de emerxencia por 15.498 euros
A última comisión de axudas do Concello resolveu favorablemente un total de 48 apoios de emerxencia por un valor de 15.498 euros.
Abel Caballero destacou hoxe que a maior parte das últimas axudas concedidas polo Concello para persoas en situación de vulnerabilidade, un total de 24, foron destinadas ao alugueiro por un valor de 8.167 euros, e que evitaron outros tantos desafiuzamentos.
“O concello está ao carón das persoas que os necesitan para asegurarlles a súa vivenda”, incidiu o alcalde.
Aos apoios para vivenda hai que sumar as 12 axudas concedidas para afrontar gastos de alimentación; así como outras 12 para afrontar as facturas de auga, luz, e débedas de comunidade, entre outras necesidades.
Desde xaneiro concedéronse 2.658 axudas por 906.62 euros.