Escoitar

O Concello apoiará o acto de recoñecemento da UVigo aos mellores expedientes da ABAU

O alcalde reuniuse esta mañá con Belén Rubio e Natalia Caparrini, vicerreitoras de investigación e de estudantado e empregabilidade da Universidade de Vigo respectivamente, a quen lles trasladou “o apoio” municipal para a celebración do acto de entrega dos premios das universidades galegas aos alumnos cos mellores expedientes da ABAU de 2025.

mércores, 24 xul 2024

A Universidade de Vigo acollerá no 2025 o acto de entrega do recoñecemento das universidades galegas aos estudantes cos mellores expedientes da ABAU coa cooperación do goberno municipal.

Caballero, tras incidir no compromiso do apoio municipal, lembrou que os galardoados serán os próximos estudantes do sistema universitario galego. “Desde Vigo querémoslles dar a nosa felicitación”, recalcou.

Descargar todas as imaxes