Escoitar

O bus nocturno contabiliza case 5.000 usos na fin de semana das festas de Bouzas

A pasada fin de semana o servizo nocturno de transporte urbano contabilizou preto de 5.000 utilizacións. “Segue tendo unha afluencia moi importante, e, por tanto, moi bo funcionamento”, afirmou este martes o alcalde.

mércores, 24 xul 2024

Abel Caballero destacou hoxe que a fin de semana do venres 19 ao domingo 21 de xullo o reforzado servizo de transporte urbano nocturno contou con preto de 5.000 usuarios. “Son 5.000 tickets, persoas que fixeron viaxes durante a fin de semana”, especialmente para desprazarse ata as festas de Bouzas, recalcou o rexedor.

O alcalde detallou que o venres 19 rexistráronse 1.555 viaxeiros, o sábado 20 un total de 1.183 e o domingo 22 contabilizáronse 2.122 usuarios. Incidiu en que desde o inicio de reforzo do servizo o día 14 de xuño máis de 17.000 persoas optaron polo transporte público para os seus desprazamentos nocturnos.

O rexedor lembrou que durante as fins de semana e as vésperas de festivos Vitrasa reforza as liñas nocturnas: C1, N1 e N4. “Ao dispor das xentes de Vigo polas noites durante as fins de semana”, recalcou.

Descargar todas as imaxes