mércores, 24 xul 2024
O Concello de Vigo decretou hoxe un día de loito oficial en sinal de dor polo falecemento dos mariñeiros do buque pesqueiro “Argos Georgia”
en augas das Malvinas, singularmente, de César Acevedo Durán, patrón de pesca natural de Vigo.
mércores, 24 xul 2024
Caballero avanzou que xa está redactado o proxecto de humanización no ámbito entre Ricardo Mella e Canido e que o segundo tramo, entre Ricardo Mella e Camposancos, xa está en proceso de contratación.
mércores, 24 xul 2024
A última comisión de axudas do Concello resolveu favorablemente un total de 48 apoios de emerxencia por un valor de 15.498 euros.
mércores, 24 xul 2024
O alcalde reuniuse esta mañá con Belén Rubio e Natalia Caparrini, vicerreitoras de investigación e de estudantado e empregabilidade da Universidade de Vigo respectivamente, a quen lles trasladou “o apoio” municipal para a celebración do acto de entrega dos premios das universidades galegas aos alumnos cos mellores expedientes da ABAU de 2025.
mércores, 24 xul 2024
A pasada fin de semana o servizo nocturno de transporte urbano contabilizou preto de 5.000 utilizacións. “Segue tendo unha afluencia moi importante, e, por tanto, moi bo funcionamento”, afirmou este martes o alcalde.
mércores, 24 xul 2024
Abel Caballero recibiu hoxe na alcaldía á embaixadora en España da República Oriental do Uruguai, Ana Teresa Ayala, e ao cónsul Xeral do Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez Bausero. Durante a visita de cortesía solicitada pola representante do país suramericano, os mandatarios abordaron os temas de interese para os residentes en Vigo de nacionalidade uruguaia. O alcalde detallou aos dous representantes diplomáticos o peso relevante da economía e da sociedade viguesa no conxunto da comunidade galega. O alcalde visitará mañá o buque escuela "Capitán Miranda" no peirao de trasatlánticos do porto de Vigo.