Escoitar

As reservas para as actuacións en Castrelos Vetusta Morla e Xoel López á venda o luns 29 de xullo

Abel Caballero adiantou hoxe que o próximo luns 29 de xullo sairán á venda as 5.000 reservas da platea do auditorio de Castrelos para os concertos de Vetusta Morla e Xoel López que terán lugar o venres 16 de agosto ás 21:30 horas.

martes, 23 xul 2024

O alcalde anunciou que a venda de reservas para os concertos de Xoel López e Vetusta Morla terá lugar o vindeiro luns 29 de xullo. Como no resto das vendas para o Vigo en Festas 2024, o Concello trata de proporcionar unha maior axilidade e facilidade para a cidadanía, tendo operativa a venda de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.

Poderanse adquirir un total de 5.000 localidades a un prezo de 15€, serán 4.000 de xeito presencial no auditorio de Castrelos e 1.000 en liña. En cada quenda estarán á venda 2.000 reservas físicas e 500 de xeito online. Cada persoa poderá retirar 4 reservas nominativas, co que terán que acudir cunha copia do DNI (ou outro documento identificativo) das persoas para as que queira adquirir a reserva.

O alcalde lembrou que esta noite actuará en Castrelos Luis Fonsi, "que o vai a petar". Nestes momentos quedan reservas dispoñibles en platea para asistir ao concerto de Sen Senra, programado para o xoves 25 de xullo, que poden adquirirse na web www.vigo.org

"Unhas programacións de concertos excepcionais e gratuítas", recalcou o rexedor ao apuntar que Vigo "é o único lugar de toda España onde os espectáculos musicais son gratis, xa que algún dos artistas que actuaron en Castrelos este tamén o fixeron noutras cidades galegas pagando entre 60 e 250 euros, e aquí , pagado todo polo Concello de Vigo".

Descargar todas as imaxes