Escoitar

O Concello retoma as visitas á fortaleza do Castro

Este martes 23 de xullo, comeza un novo período de visitas guiadas para tódolos públicos aos túneles da fortaleza do Castro, que poden reservarse xa na nova páxina web http://fortalezadeocastro.vigo.org.

luns, 22 xul 2024

O alcalde informou da posta en marcha de novo as visitas guiadas á Fortaleza do Castro que comezan este martes 23 de xullo, previa inscrición na web http://fortalezadeocastro.vigo.org.

Tal e como explicou, o goberno municipal puxo en marcha novas ferramentas dixitais deseñadas para mellorar o acceso dos visitantes ao recinto histórico: a nova web que aglutina todos os contidos relacionados co proxecto, incluíndo a historia do sitio, infografías e outros materiais educativos e de investigación; un novo sistema telemático de reserva de visitas, que permite consultar dispoñibilidade e horarios e unha visita virtual guiada para os que non poidan achegarse á fortaleza. Dixitalizamos unha visita virtual guiada coa que o público pode percorrer os túneles, as dependencias, o polvorín, recrear o ataque ao polvorín e a defensa da cidade desde a fortaleza que . “Impresiona”, recalcou Caballero.

O Concello ten organizados diferentes tipos de visita para tódolos públicos:

- visita individual, cun máximo de 25 persoas

- visitas para familias, baixo o título “A procura dos edificios perdidos”, que serán tódolos domingos, entre as 11:00 e as 12:30 horas para un máximo de 20 persoas. Está pensada para que as familias con nenos e nenas de 5 a 12 anos se acheguen conxuntamente á historia da fortaleza

- programas para escolares, entre outubro e xuño, con dúas versións adaptadas á idade do alumnado

Descargar todas as imaxes