A rúa do Príncipe transfórmase en escenario musical na apertura do VIII Concurso Internacional
O VIII Concurso Internacional de Piano converteu hoxe á rúa do Príncipe nun gran escenario musical coa instalación dun piano de cola que está ao dispor de toda a cidadanía. Así o remarcou este luns o alcalde con motivo da inauguración dun certame que se prolongará ata o sábado, e que se desenvolverá entre os auditorios do Conservatorio Superior, o Museo de Arte Contemporánea e o Teatro Afundación. Ante a gañadora do concurso de 2023, Miyu Shindo, Abel Caballero anunciou que en 2025 a cita contará coa presenza de dous pianos na rúa. "Queremos que Vigo se asolague de pianos e que todo o mundo o goce e, se é posible, que moitas persoas aprendan a tocar este instrumento porque é unha marabilla", asegurou.
Descargar todas as imaxes