Escoitar

A Avenida de Castelao énchese de cor co mural colaborativo de Vanesa Álvarez

Abel Caballero e Carmela Silva, xunto ao delegado de Zona Franca, David Regades, visitaron este luns o inicio dos traballos de pintado dun gran mural no chan que cubrirá a Avenida de Castelao dende Praza América ata a rotonda do barco de Alfageme.

luns, 22 xul 2024

O programa “Vigo cidade de cor” suma unha nova obra de arte urbana de máis dun quilómetro de longo no paseo da Avenida de Castelao nunha superficie que pasará de ser marrón a reflectir a arte da viguesa Vanesa Álvarez, un dos proxectos seleccionados na décima edición deste programa municipal.

O alcalde explicou que esta obra de arte ten a particularidade de ser unha “pintura colaborativa xa que está dirixida por Vanesa Álvarez pero participan voluntarios” no pintado da superficie. É, polo tanto, “diferente aos murais nos edificios” e con ela “seguiremos facendo da cidade un lugar de arte ao aire libre”.

O mural colaborativo de Coia é unha obra de Vanesa Álvarez, similar á que realizou no chan en Union Square, en Nova York, a pasada primavera. Caballero avanzou que o próximo ano “seguiremos completando a avenida de Castelao desde a rotonda do barco ata os volcáns”.

A elaboración do mural continuará ao longo das dúas próximas semanas: do 22 ao 26 de xullo (excepto o 25 festivo) e do 29 de xullo ao 2 de agosto.

 

Descargar todas as imaxes