Escoitar

Vigo garda un día de luto oficial polas víctimas do pesqueiro "Argos Georgia"

O Concello de Vigo decretou hoxe un día de loito oficial en sinal de dor polo falecemento dos mariñeiros do buque pesqueiro “Argos Georgia” en augas das Malvinas, singularmente, de César Acevedo Durán, patrón de pesca natural de Vigo.

mércores, 24 xul 2024

As bandeiras dos edificios municipais ondean hoxe a media hasta en sinal de solidariedade coas vítimas do pesqueiro  "Argos Georgia" que naufragou onte en augas das Malvinas.

O Concello traslada as súas máis sentidas condolencias ás familias, compañeiros e persoas achegadas aos mariñeiros que perderon a vida neste tráxico suceso.

Descargar todas as imaxes