O goberno aproba unha batería de iniciativas para apoiar a distintos colectivos desfavorecidos

venres, 12 xul 2024

Abel Caballero anunciou este venres a aprobación pola Xunta de Goberno dunha batería de iniciativas destinadas a atender as necesidades de distintos colectivos desfavorecidos. Entre os acordos atópase a mellora das instalacións do albergue municipal, así como a contratación ata 2027 do servizo de atención sanitaria que prestará apoio á Unidade Asistencial á Drogodependencia de CEDRO, ademais da prórroga da atención psicolóxica aos menores cuxas nais son vítimas da violencia machista.

O alcalde pon en valor os lazos de unión entre Vigo e Arxentina

xoves, 11 xul 2024

O Consulado da República Arxentina en Vigo celebrou este xoves un acto de conmemoración do 9 de xullo de 1816, data de proclamación da súa independencia política da monarquía española. Na súa intervención, Abel Caballero eloxiou o labor da Consulesa Xeral, Silvina Montenegro, e sinalou que a relación entre Vigo e Arxentina é “irrenunciable e imposible de romper, forma parte da nosa maneira de ser” aludindo ao carácter inclusivo da cidade que “abraza” a todas as persoas que chegan de fóra. “Arxentina é tamén o noso país e na nosa historia encontramos tantos familiares” na considerada popularmente como quinta provincia galega

Caballero destaca o premio á deportividade obtido por 60 deportistas vigueses nos XV Xogos do Eixo Atlántico

mércores, 10 xul 2024

Abel Caballero entregou este mércores medallas personalizadas ás 60 mozas e mozos das escolas deportivas de vólei, baloncesto e balonmán que recibiron un trofeo por xogo limpo, boa convivencia e deportividade, na décimo quinta edición dos Xogos do Eixo Atlántico, celebrado na localidade portuguesa de Braga entre o 30 de xuño e o día 5 de xullo. Tras trasladar á mocidade presente no acto o seu “orgullo” polo galardón que obtiveron, o alcalde remarcou a aposta do Concello de Vigo polo deporte, asegurando que conta cunha importancia máxima para o goberno municipal.

A Pinacoteca expón 29 retratos en miniatura do Legado PolicarpoSanz e Irene de Ceballos restauradas polo Concello

martes, 9 xul 2024

A Pinacoteca Fernández del Riego desprega desde hoxe a exposición “O teu rostro na multitude”, vertebrada ao redor de 29 retratos en miniatura dos séculos XVIII e XIX, que pertencen ao Legado de Policarpo Sanz e Irene de Ceballos, e que foron restauradas, por encargo do Concello, pola experta conservadora Carmen Espinosa Martín. O “rescate”, restauración e exposición das pezas foi posta en valor por Abel Caballero ao inaugurar, cos concelleiros responsables de Cultura, Carmela Silva e Gorka Gómez, a mostra que permanecerá aberta ata o 9 de marzo de 2025.

O TAC! reivindica a calidade do mexilón galego

venres, 5 xul 2024

O alcalde, Abel Caballero, e a tenente de alcalde, Carmela Silva, achegáronse esta mañá á Porta do Sol, onde se desenvolveu a xornada de divulgación «As nosas bateas, fonte de vida», dentro da programación do Festival de Arquitectura Urbana TAC!. O acto, que contou coa participación de OPMEGA, arrincou coa lectura dun manifesto, a realización de actividades interactivas e a instalación de paneis divulgativos, e finalmente, unha degustación do produto estrela, o mexilón.