Caballero anima a gozar co "espectáculo excepcional" no Marisquiño do descenso de mountain bike desde O Castro

mércores, 31 xul 2024

O vindeiro sábado arrincará a montaxe do circuíto onde o 10 de agosto terá lugar o "espectáculo excepcional" da proba de bicicleta de montaña de O Marisquiño, enmarcada no festival da cultura urbana, que se desenvolverá en Vigo do 8 ao 11 de agosto. Así o avanzou hoxe Abel Caballero ao presentar as competición de MBT que se desenvolverá nos dous quilómetros do traxecto entre a fortaleza do monte de O Castro e a Praza do Berbés. “O Marisquiño este ano é a segunda olimpíada, xa que seguramente medallistas de París van estar practicando deporte e competindo en Vigo ”, afirmou.

Vigo renova a distinción como "Cidade da Ciencia e da Innovación"

mércores, 31 xul 2024

Abel Caballero anunciou este martes que o Ministerio de Ciencia Innovación e Universidades concedeu, por segunda vez consecutiva, a distinción a Vigo como “Cidade da Ciencia e a Innovación”, outorgada por primeira vez en 2020, en recoñecemento ao esforzo e aposta realizada pola innovación en todos os grandes proxectos que desenvolve o Concello na cidade.

O alcalde garante o seu apoio "permanente" á Policía Nacional na presentación dos 117 novos axentes de Galicia

martes, 30 xul 2024

Abel Caballero garantiu o seu apoio permanente como alcalde de Vigo aos cento dezasete policías e inspectores da Policía Nacional en prácticas que este martes protagonizaron o acto de presentación organizado na Porta do Sol de Vigo. Ante o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, o subdelegado en Pontevedra, Abel Losada, e os mandos policiais galegos, o rexedor recalcou o seu respaldo "porque sei da dificultade do voso traballo e da necesidade de sentir que a sociedade vos apoia". Reiteroulles a súa felicitación, "respecto e afecto" polo traballo que realizan para garantir a seguridade da cidadanía.

O alcalde recibe á embaixadora da República Oriental do Uruguai en España

mércores, 24 xul 2024

Abel Caballero recibiu hoxe na alcaldía á embaixadora en España da República Oriental do Uruguai, Ana Teresa Ayala, e ao cónsul Xeral do Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez Bausero. Durante a visita de cortesía solicitada pola representante do país suramericano, os mandatarios abordaron os temas de interese para os residentes en Vigo de nacionalidade uruguaia. O alcalde detallou aos dous representantes diplomáticos o peso relevante da economía e da sociedade viguesa no conxunto da comunidade galega. O alcalde visitará mañá o buque escuela "Capitán Miranda" no peirao de trasatlánticos do porto de Vigo.