Escoitar

A selección española de balonmano feminino se prepara en Vigo para o torneo IV Naciones de Portugal

Abel Caballero recibiu hoxe mércores á selección española de balonmano feminino que prepara en Vigo estes días nas Travesas o Torneo IV Naciones, organizado por Portugal do 23 ao 25 de marzo de 2012, e a fase de clasificación para o Campionato del Mundo de 2012, que se celebrará en Hungría. Durante a recepción "desexoulles éxitos" ao tempo que avogou porque o equipo de Vigo, Seis do Nadal, ascenda para que, xunto co Pilotes Posada, "teñamos na cidade dous equipos na primeira categoría".

mércores, 21 mar 2012
1332334722balonmano.jpg
A selección española de balonmano feminino prepara no Pavillón de As Travesas o Torneo IV Naciones, organizado por Portugal do 23 ao 25 de marzo de 2012, e a fase de clasificación para o Campionato del Mundo de 2012, que se celebrará en Hungría. Esta mañá de mércores, o rexedor "desexoulle sorte" ás 15 xogadoras que entrenan en Vigo durante unha recepción na Alcaldía, un encontro no que o rexedor amosou a súa confianza en que o Seis de Nadal ascenda para que, xunto co Pilotes Posada", "Vigo teña dous equipos desta modalidade deportiva na primeira categoría".

En Portugal, os rivais del combinado español son Francia (venres 23 de marzo, 17:00 h), Portugal (sábado, 24 de marzo, 18:00 h) e Alemania (domingo 25 de marzo, 10:00 h); adversarios de entidade, perfectos para preparar a fase de clasificación para o Campionato del Mundo de 2012.
Descargar todas as imaxes