martes, 28 dec 2004
DKT e Centinela son dous de Teis, ou como prefiren chamarse, 2dTeis. Acaban de ser elixidos entre unha multitude de aspirantes como o grupo que representará a Vigo no Sonic Hip Hop Festival mañá no pavillón de Coia.
xoves, 23 dec 2004
A Concellería de Xuventude, dentro do programa ‘Súbete ó Castro’, pon en marcha a primeira Liga de Improvisación para Xoves Afeccionados (L.I.X.A.). Unha liga na que os actores e actrices novos da cidade se enfrontarán en combates de improvisación.
venres, 17 dec 2004
O programa Noites Vivas da Concellería de Cultura continúa ofrecendo actividades do máis diverso para que os mozos e mozas poidan gozar das noites dos venres e dos sábado. Internet, xogos de mesa, bailes latinos, breakdance, cociña e artes marciais son algunhas das propostas coas que se pretende que a xente nova se divirta dunha maneira sa e proveitosa.
xoves, 9 dec 2004
Deporte, cociña, xogos de mesa, artes marciais, obradoiros e talleres... unha ampla variedade de actividades para as noites dos venres e sábados.
xoves, 2 dec 2004
O programa Noites Vivas da Concellería de Xuventude oferta unha chea de actividades nas que poder participar de forma gratuíta. Esta iniciativa representa unha boa ocasión para aprender e divertirse na compaña dos amigos nas noites dos venres e dos sábados.
luns, 29 nov 2004
Trátase dunha das iniciativas da Concellería de Xuventude para atender as propostas dos mozos e mozas de Vigo. Funciona diariamente, incluíndo os sábados, en diferentes espazos arredor da pista de bicicletas.
xoves, 25 nov 2004
Obradoiros de cociña, clases de baile ou xogos de mesa e "en rede" son algunhas das propostas.
xoves, 11 nov 2004
Cociña árabe, break dance, danza do ventre, castañas, pólo ao curri, squash, musculación... A ofera de actividades das Noitas Vivas é do máis variado neste mes de novembro. Para disfrutalo, só hai que achegarse ao Centro Xuvenil Municipal, o pavillón do Berbés, a Asociación de veciños de Coia, a Asociación Cancerbeiro ou á Asociación de veciños Dr. Fleming.
xoves, 4 nov 2004
Unha nova edición do programa "Noites Vivas", deseñado pola concellería de Xuventude, volta dende mañá ás noites viguesas e estará presente tódolos venres e sábados ata o 18 de decembro en distintos pavillóns deportivos e asociacións xuvenís e veciñais.
mércores, 13 out 2004
O convenio prolongarase ata 2005 e supón unha inversión total de 37.000 euros. A asociación Alborada leva 22 anos traballando en Vigo cunha labor principalmente informativa que pretende chegar, non só aos mozos, senón tamén aos pais e educadores.