mércores, 9 mar 2005
Vai dirixido a todos os suscriptores que o soliciten e mandarase vía e-mail. Ten a particularidade de ser o primeiro boletín destas características "accesible", é dicir, que pode ser consultado por persoas con discapacidade visual, auditiva, deficiencias motrices, cognitivas e de linguaxe.
martes, 8 mar 2005
Os dous equipos mellor clasificados durante o desenvolvemento da LIXA disputarán a gran final o sábado 12 de marzo no Auditorio do Concello.
venres, 4 mar 2005
Lucía Molares e Pilar Carneiro presentaron o programa de actividades que o área de Xuventude ten preparado para os meses de marzo e abril dentro da iniciativa "Súbete ao Castro". Este programa ten tres liñas principais: Castroensaios, Cibercastro e Castroescena.
mércores, 2 mar 2005
A Concellería de Xuventude está a acondicionar con persoal do programa BIAL un novo espazo, situado na rúa López de Neira, que substituirá ao Centro Xuvenil da Rúa Uruguai, recentemente pechado por rematar o contrato de aluguer que o Concello tiña subscrito cos propietarios.<br />
venres, 25 feb 2005
As cinco semanas que dura este mes permiten extensos programas nas ludotecas cunha semana de vacacións escolares incluída. A maxia, os sentidos corporais, as expresións artísticas e a reconquista de Vigo, temas centrais dos programas.
venres, 25 feb 2005
No número 31 da rúa López Mora, nunha edificación de altas e agudas torres facilmente recoñecible emprazase a Casa da Xuventude. Este centro de servizos totalmente gratuíto para a mocidade viguesa ofrece asesoramento personalizado principalmente en tres áreas: turismo, emprego e estudiantes.
martes, 22 feb 2005
A Casa da Xuventude acolle unha nova exposición de fotografía organizada pola entidade "Médicos del Mundo".
venres, 18 feb 2005
Teñen lugar tódolos venres a partir das 19,30 horas nos recintos dispostos polos equipos participantes. Este venres celébrase a carta xornada.
xoves, 10 feb 2005
Na concellería de Xuventude funciona dende hai unhas semanas a Liga de Improvisación Teatral por equipos organizada dende o programa "Súbete ao Castro".
luns, 3 xan 2005
Participan 7 parellas no xogo Counter Strike e 25 xogadores no Halflife. O torneo comezou o 30 de decembro e durará ata o 5 de xaneiro.